Datos personales

sábado, 16 de febrero de 2013

A PRAZA DE TOUROS DE PONTEVEDRA.





Cento nove anos de historia taurina. 

A actual praza de touros inaugurouse ou 12 de agosto de 1900 e sustituiu a outra de madeira feita non ano 1892, pero a tradición taurina nesta cidade remontase ao século XVII.

Pontevedra xa ule a touros. A partir de mañá se empecerán a poñer á venda os primeiros aboamentos para a feira taurina da Peregrina 2009 na praza de San Roque, que encerra entre os seus muros cento nove anos de historia e de afección. Aínda que, en realidade, os estudosos aseguran que a tradición taurina desta cidade remontase ao século XVII.

Os touros lidábanse antano nas prazas da Ferrería e Celeiro; as entradas se pechaban con taboados e se reservaban os dereitos de gozar das ventás de certas casas para presenciar a festa. Nas súas crónicas retrospectivas da vila, Prudencio Landín Tobío recolleu estes e outros antecedentes

Xa en 1892, conta este cronista que un capitán de Artillaría, Benito Calderón Ozores, irmán da marquesa de Riestra e xenro de Monteiro Ríos, impulsou asociado con dous cordobeses, a construción dunha praza de touros de madeira no Campo da Torre, no mesmo sitio onde está a actual de pedra.

Aquela praza instalouse en catro meses e inaugurouse con tres corridas. Luis Mazzantini, o toureiro de moda, compartiu cartel co seu irmán Tomás como segundo espada. Pouco tempo despois foi derrubada e, segundo recolle Fortes Bouzán no seu libro Historia da Cidade de Pontevedra, en 1896 recibiuse no Concello unha petición de Daniel Ramón García para construír unha praza de pedra, a cuxo fin se solicitaba a cesión gratuíta do terreo de San Roque, onde se instalara a anterior de madeira.

A solicitude foi aprobada o 5 de novembro daquel ano, aínda que o proxecto estivo parado ata 1899. Foi entón cando un grupo de entusiastas decidiron reimpulsar a obra. Constituíron unha xunta de promotores da ansiada praza e crearon unha sociedade por accións. Entre eses entusiastas estaban Felipe Ruza, Apolinar García, Celestino Reguera, Mariano Briones, Prudencio Landín, Antonio Vázquez, Heliodoro Fernández, José Quiroga, Vicente Señoráns, Fernando Olmedo, Valentín Peña, Evaristo Cuíñas, Diego Estévez, Teodoro Gallego e Eduardo Barros.
Relata Landín que non se reuniu diñeiro bastante para a praza, pero esta dificultade foi vencida grazas ao contratista Domingo Malvar, que aceptou en accións o resto do importe da obra.

Esas accións tiñan un valor de 50 pesetas e entre os primeiros desinteresados colaboradores estarían Riestra, Besada, Vicenti e Becerra Armesto.

O arquitecto Siro Borrajo dirixiu as obras, que comezaron o 8 de outubro de 1899 a ritmo de pasodobre marcado pola Banda do Hospicio. Dez meses despois inaugurouse a praza, o 12 de agosto de 1900, día da Peregrina, cunha corrida dos destros Emilio e Ricardo Torres, Bomba e Bombita, que lidaron touros de Salas.

Máximas figuras

Nestes 109 anos de existencia pasaron polo coso de San Roque as máximas figuras do toureo, agás Arruza, Belmonte, Manolete e Joselito, segundo Pedro Rivas, xerente da praza e bo coñecedor da súa historia. Tamén tivo os máis ilustres espectadores, entre os que figuran Alfonso XIII e Victoria Eugenia, aínda que Rivas defende que hai moitos mitos sobre á tradición taurina de Pontevedra, como o paseíllo de Rafael Alberti no ano 27 cando Ignacio Sánchez Mejía anunciou aquí a súa retirada

A presenza de famosos, tanto de personalidades da esfera política coma do mundo artístico e do ámbito social, segue sendo hoxe frecuente nos tendidos.

Co paso dos anos, a titularidade municipal do soar que ocupa a praza foi obxecto de debate, pero o Concello sempre evitou a posibilidade de entaboar un contencioso coa empresa propietaria, entre outras cousas, porque nunca se formulou a reutilización dos terreos para outros fins. Sucesivos alcaldes optaron polo entendemento cos propietarios, actualmente os irmáns Lozano, sobre o uso compartido do coso para todo tipo de espectáculos mediante acordos verbais e
convenios de colaboración.


NOTA:  Brilante artigo escrito por Dª Elena Larriba o 12/07/2009, publicado polo Xornal LA VOZ DE GALICIA”, e traducido agora ao galego por mín.






No hay comentarios:

Publicar un comentario