Datos personales

miércoles, 27 de febrero de 2013

A TORRE DE BABEL



          Xurdiu o presente artigo a partires  doutro moi elocuente de D. Alfredo Conde Cid –galego, amante da Cultura galega, da castelá e  escritor bilingüe; de feito redacta con beleza ambas  linguas-. Este artigo, denominado  “Patriotas y patrioteros”, apareceu fai xa uns cantos meses na  súa sección habitual do diario “El Correo Gallego”. Está temática expresada en castelán  deume moito que pensar sobre o uso que lle estámos dando as dúas linguas nais que cohabitan en Galicia.

          Entre outras cousas, dicía D. Alfredo que na patria  “se comparte la lengua”. Non está claro de qué lingua falaba, xa que o expresaba en singular,  pero dense de conta que neste artigo escribe sobre o patriotismo na lingua castelá, non renunciando a súa condición de galego.

          No meu caso concreto, miña nai era galega de pura cepa e só falaba castelán –inda por riba a miña muller é castelá- e, polo tanto, esta é a miña lingua materna. É algo que  me ven imposto ademais da miña galega condición. Eu non escollín nin nacer en Galicia, nin que o castelán sexa a miña lingua materna; pero estou feliz coa miña  condición; son un apaixoado da Concentración Parcelaria -o meu traballo-, porque amo a Galicia e as súas xentes.

         E en Galicia, salvo o conflito entre as dúas linguas despois da horrible Guerra Civil que tanto dano fixo, dende fai séculos cohabitan ambas con normalidade. A Historia hai que estudala polo seu aspecto cultural e para non repetir erros, pero é a que é, por iso temos o noso presente que é fundamental – a él  pertence a felicidade- pero sempre mantendo a vista ó fronte  preparando o futuro. Eu, cando estou cos “meus” paisanos, non me fixo realmente en qué lingua me falan ou en cal falo eu: o  entendemento é total; nin superioridade, nin inferioridade. Quizais este artificial conflito serve para dignificar, si é que o necesitan, algo máis aos galegos parlantes; non dubiden vostedes que a aguda intelixencia  en xeral dos galegos discirne perfectamente a “realidade”.
          A cohabitación das dúas linguas é perfecta e, a conservar isto, creo deben dirixirse os pasos.

         Eu penso que se pode ser incluso "nacionalista" galego sendo castelán falante. Qué necesidade hai de, incluso aos parlamentarios, chamarlles a capítulo para que falen en galego: denota una gran hipocrisía por parte de todos e que o galego  estase a converter nunha lingua “litúrxica”. A mellor maneira de conservar a riqueza que afortunadamente temos é actuar con absoluta naturalidade e liberdade neste tema. Non debe plantexarse ningunha batalla entre as dúas linguas; á paz  interesa ás dúas –non sei se aos nosos políticos tamén-.
 
             Os galegos debemos estar unidos independentemente da lingua.  Para qué dúas linguas no ensino, se todos  nos entendemos: os ensinantes, falen o que falen, son entendidos por tódolos alumnos; e os alumnos, escriban o que escriban, son perfectamente entendidos por todolos ensinantes –sexamos realistas-. O que non dubído é que se deben coñecer por igual ámbalas dúas linguas, pero dunha maneira non traumática; digamos dunha maneira xeitosa; que ningunha das dúas linguas nais de Galicia condicionen o futuro dos nosos fillos.  Que ámbalas dúas linguas e a súa cohabitación perfecta sexan o orgullo de Galicia: isto é o que desexo, da mesma maneira que supoño, pola beleza que "brota" dos seus escritos, querían D. Ramón María del Valle Inclán, D. Wenceslao Fernández Florez, D. Manuel Rivas Barros, a mesmísima Rosalía de Castro, etc., etc., etc.(entendo que a beleza non é propia dos conflitos).





No hay comentarios:

Publicar un comentario