Datos personales

viernes, 15 de febrero de 2013

D. ALBERTO RIVEIRO: agricultor





  

Por casualidade, como sempre acontece coas cousas importantes e agradables desta vida,  cruzouse no meu camiño D. Alberto Riveiro, veciño de Canedo (Ponteareas). Vin os seus vídeos, realizados en colaboración coa xa pechada Televisión Local desa localidade, e deseguida un se decata de dúas cousas principalmente:

1º.- Que D. Alberto é un personaxe "importante" se o analizamos dende os valores que deben imperar nos auténticos homes.

2º.- Mamou a agricultura, é dicir, que o xeito de tratar os distintos labores non lle sobreviñeron por arte de birlibirloque, senón que debeu de pasar moitas horas dos seus primeiros anos en compañía do seu pai ou do seu avó facendo eses labores; detéctase fundamentalmente, ao meu entender, no xeito que ten de acariciar a terra ben co legón ou ben coas súas propias mans; tamén o xeito de expresarse e de explicar os distintos traballos denotan moito amor por eles e unha sabedoría empírica produto de máis, moito máis, que dunha soa xeración.

Todo iso, se poñen atención aos seus vídeos, denota unha increiblemente eficaz parsimonia, así como unha abraiante administración das súas enerxías. Consegue unha rápidos labores, pero de xeito repousado e sabia.

Eu diría que todo isto que destaco nel agora é o primeiro que debe de reflexionar unha persoa que decida dedicarse á agricultura nos seus moi fistintas facetas, sobre todo, aqueles mozos que se educaron nas cidades e que a vida lles empurra cara ao rural que os seus antepasados abandonaron, pero que agora de xeito moito máis humano, economica, equilibrada e comodamente, mesmo socialmente prestigiada, estaos a esperar cos brazos abertos.











No hay comentarios:

Publicar un comentario